Recepción municipal mañá ao C.D. Ribadumia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A pandemia obriga a levar o acto ao Auditorio, e a reducir o aforo a un terzo, ata non máis de 80 asistentes

12 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Os responsables do C.D. Ribadumia seguen a traballar na maneira de celebrar cos seus xogadores, técnicos, socios e demais afeccionados o regreso á Terceira División, materializado o pasado 27 de maio. Á espera de atopar a forma de facelo cos condicionantes que marcan as medidas de contención da pandemia do covid-19, o club gozará mañá sábado da recepción municipal a cargo do Concello de Ribadumia. Só que, precisamente pola situación anómala que toca vivir, o acto se celebrará no Auditorio.

Será a partir das 13 horas, limitándose a un terzo o aforo ordinario, co que só poderán participar no evento un máximo de 80 persoas. Todas deberán acudir con máscaras, libres de síntomas compatibles co covid-19, practicándoselles un control de temperatura no lugar. Os interesados poden reservar praza no club.