Piris e Amancio Varela presentan a súa dimisión tras pechar o ascenso do Umia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Os case 400 socios do club terán unha asemblea o 10 de xuño na casa da cultura

29 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Agardaron ata que foi oficial e na noite do mércores, escasas horas despois da confirmación do regreso do Umia C.F. á Preferente 30 anos despois, o seu presidente, Manuel Abuín, Piris, e mais o secretario do club desde a volta deste á fronte da entidade, Amancio Varela, anunciaron a súa dimisión. 

Piris explicou que no seu caso a decisión vén pola súa elevada idade, mentres que no de Varela a razón do abandono neste doce momento vén polas súas obrigas laborais. Polo demais, subliña o inda presidente do Umia C.F., os outros doce directivos continuarán nos seus postos, a falta tan só dun relevo na presidencia. Relevo que deberán decidir os case 400 socios do club nunha asemblea o 10 de xuño na casa da cultura. Con todo, Piris advertíu que o deixa «sempre e cando atopemos unha persoa idónea»para o cargo.