Beatriz Aguín: «Soy muy positiva. La gente no va a andar con miedo, tiene ganas de ocio»

La Voz

AROUSA

10 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai tres anos -fíxoos o mes pasado- Beatriz Aguín abríu en franquicia un Espacio Lector Nobel no Grove. Autónoma, desde o inicio do estado de alarma mantén a súa única empregada nun ERTE, pero a partir de mañá luns, co inicio da Fase 1 da desescalada, volverá contar con ela para recuperar o horario do establecemento previo á corentena, de 10 a 13.45 e de 17 a 20.30, con ambas a media xornada.

A pesar de ser tamén papelaría, Betty mantivo o negocio pechado o primeiro mes de confinamento, se ben «cuando cerré, como vivo arriba, dejé mi número en el escaparate, y bajaba a atender cualquier pedido que me hacían». O 13 de abril decidíu reabrir unha hora ao día, e desde o pasado luns, de 11 a 13.30. «Y fue un no parar». Coas acuarelas, crebacabezas, manualidades e material escolar para os cativos esgotándose a maioría.

A ubicación da libraría preto dun supermercado, coas súas colas, xerou certo grao de expectación entre máis dun veciño, da que Betty tirou proveito. Tamén da súa habilidade para exprimir o escaparate: «Desde el lunes los niños pueden salir con sus padres de doce a siete, por eso, además de las últimas novedades, puse también mucho libro infantil para que los niños se queden pegados al escaparate. Y funciona. Los padres entran y compran».

Mais a meca recoñece que «este mes, con hacer la mitad de lo del año pasado, me daría por satisfecha», ao tempo que deixa no aire a incerteza da chegada de turistas este verán ao Grove, importante fonte de ingresos do seu negocio. Con todo, Betty declárase «muy positiva. La gente no va a andar con miedo. Tiene ganas de ocio».