Concurso de debuxo para nenos do Breogán

La Voz VILAGARCIA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

O club meco anima os rapaces da localidade de ata 12 anos a presentar os seus traballos durante o confinamento

16 abr 2020 . Actualizado a las 15:46 h.

Seguindo o ronsel do Club Palentino de piragüismo, a directiva do C.M.D.C. Breogán vén de anunciar a apertura do seu concurso de debuxo «A corentena pasa mellor debuxando deporte». Unha iniciativa dirixida ós nenos do Grove de ata 12 anos, que poderán enviar un máximo de tres debuxos relacionados co deporte que practiquen ou que lles guste ao correo electrónico cmdcbreoganogrove@gmail.com ata o final do confinamento. Todos os debuxos publicaránse na páxina de Facebook do club, e optarán a premios en forma de material deportivo doado pola firma Mercury.