O AF7 pon as súas novas datas en setembro: 4, 5, 12 e 13 a previa, e 18, 19 e 20 a fase final

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A organización do torneo internacional alevín busca asegurar así os estándares de calidade polo que é coñecido

18 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O luns o voceiro do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 confirmaba a decisión de trasladar a totalidade do campionato ao mes de setembro ante a situación xerada polo avance do coronavirus en España, cun estado de alarma decretado polo Goberno Central desde a noite do pasado sábado. Onte, Alberto Diz concretaba as novas datas.

Os responsables do AF7 decidiron que a fase previa, que tradicionalmente agrupou as súas dúas quendas de 40 equipos cada unha entre o xoves e venres, e sábado e domingo da Semana Santa, pase a disputarse en dúas semanas diferentes: o venres 4 e o sábado 5 de setembro, e o sábado 12 e o domingo 13. Unha semana despois, os catro equipos clasificados uniránse aos 16 que os agardarán no cartel final por invitación do torneo, co título dirimíndose entre o 18 e 20 de setembro. En ambas as dúas fases, cos campos municipais da Senra, en Ribadumia, como escenario.

Desde a organización reiteraron onte a súa decisión de pospoñer a cita «para preservar la salud de participantes, organizadores y aficionados» ante a pandemia derivada da expansión do COVID-19, considerando que o cambio «refuerza nuestro compromiso con clubes, autoridades y socios para poder realizar la 25ª edición del AF7 a la altura de nuestros estándares de calidad».

O AF7 decidíu asimesmo manter a norma de limitar a participación no seu torneo de xogadores alevíns, desta volta, os nados nos anos 2008 e 2009, «para preservar la identidad de la competición y para respetar la planificación de los clubes».