Os Xogos de Deportes Minoritarios Special Olympics Galicia, en Vilagarcía

Alí se congregarán 220 deportistas de 18 entidades das catro provincias galegas

CONCELLO VILAGARCIA

vilagarcía / la voz

Na que xa se está a converter en feliz tradición, os Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios Special Olympics Galicia para persoas con discapacidade intelectual celebrarán unha nova edición en Vilagarcía. Concretamente, a vixésimo quinta, mañá sábado no recinto de Fexdega.

Alí se congregarán 220 deportistas de 18 entidades das catro provincias galegas, acompañados de 57 adestradores, aos que hai que sumar os 64 voluntarios que fan posible a intendencia do evento que organiza Special Olympics Galicia coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión Galicia e a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía, promovido pola asociación local Con Eles. Esta última contará con dezasete deportistas e cun adestrador na competición.

Os Xogos Autonómicos arrincarán ás 10.45 horas co desfile de todos os deportistas, e clausuraranse ás 19 horas. A competición iniciarase ás 12, cun parón ás 14 horas para o xantar, retomándose o programa ás 16 para non parar xa ata a clausura do evento.

Os participantes dividiranse entre competicións individuais de tenis de mesa e de bádminton, competicións colectivas ou de equipos, e competicións adaptadas. Farano sen afán de triunfo, conscientes de que o espírito que alimenta estes Xogos é o da superación individual, a confraternización entre os deportistas, e a procura dunha fiestra a través da que visualizar un colectivo minoritario ante a sociedade da que forma parte, e na que pelexa por ser plenamente integrado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os Xogos de Deportes Minoritarios Special Olympics Galicia, en Vilagarcía