A parella xaponesa de Antón Paz perde o barco olímpico

Os pupilos nipóns do vilagarcián rozaron a praza nos Xogos no recente Mundial de Australia


Wakako Kajimoto e Takaaki Kawata deberán ver o programa do Nacra 17 dos Xogos Olímpicos de Tokio como dous espectadores máis, e non desde dentro, entre os aspirantes á gloria. A parella xaponesa quedouse a un barco de conquistar a praza olímpica do país organizador na clase mixta. Un posto que pelexaron nos últimos dez meses cos seus compatriotas Shibuki Iitsuka e Eri Hatayama, poñéndose en decembro do 2017 en mans do último campión olímpico da clase Tornado xunto ao pontevedrés Fernando Echavarri, o vilagarcián Antón Paz.

Chegado de volta o luns de Geelong, a localidade australiana na que a semana pasada se disputaba o segundo Mundial de Nacra 17 en dous meses, Antón Paz explicaba como os seus pupilos acudían á terceira e derradeira cita do proceso selectivo fixado pola Federación Xaponesa de Vela tres barcos por diante: «En el Europeo de mayo, en Waymouth (Gran Bretaña), Wakako y Takaaki le habían sacado un barco a sus competidores, y en el Mundial de diciembre de Nueva Zelanda dos. La Federación había fijado que de haber empate, prevalecería el resultado del último Mundial». É dicir, os seus regatistas tan só podían ceder, no peor dos casos, dous postos na clasificación final en Geelong respecto aos seus compatriotas. Ao termo das once mangas disputadas en augas australianas Iitsura e Hatayama remataron no posto 19º da xeral, con 212 puntos, mentres Kajimoto e Kawata o facían no 23º, con 234. Coa mala sorte, lembra Antón, de perder a súa parella o posto de colchón co que iniciaron a derradeira manga por un fóra de liña dun Nacra 17 danés.

Neste punto, Antón lembra a dificultade coa que Kajimoto e Kawata encararon os dous últimos mundiais, sen poder adestrarse practicamente nada desde o pasado mes de agosto, ao ter que pasar a patroa por quirófano pola fractura dunha vértebra lumbar. Con todo, o vilagarcián cualifica a súa experiencia co dúo asiático de «muy buena». Porque, lembra, «empezamos de cero, en una clase en la que ninguno de los dos tenía experiencia ni práctica, y estoy muy contento con el nivel adquirido en la puesta a punto y la técnica de navegación. ¡Una pena que no se pudiese rematar el trabajo! Llevábamos unha progresión muy buena, y se cortó en el último -e decisivos- tramo».

Non digas inda non a Tokio

Neste punto, a relación de Paz con Wakako Kajimoto e con Takaaki Kawata chegou á súa fin, en tanto ambos deixan de navegar xuntos. O venres o vilagarcián parte a Vilamoura, Portugal, para adestrar a parella xuvenil polaca de Nacra 17 que o contratou hai un ano para potenciar o seu crecemento, e mais cun segundo dúo do mesmo país, este último, coa vista na cita de abril de Xénova que porá en xogo o último pasaporte europeo da clase para os Xogos de Tokio.

Antón non descartaba onte a posibilidade de que, como catro anos atrás os gregos Sofia Bekatorou e Michalis Pateniotis para o Nacra 17 de Río 2016, haxa unha tripulación que o chame para tirar das súas dotes técnicas en Tokio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A parella xaponesa de Antón Paz perde o barco olímpico