Bronce autonómico de Ángel Vieira en martelo

O seu compañeiro na Mazí Xoel Otero acada a mínima para o Nacional no triplo salto


vilagarcía / la voz

Intensa e frutífera fin de semana a vivida pola Agrupación Atlética Mazí. Dous días que deixaron un balance dun bronce autonómico Sub-18, unha mínima para o Campionato de España Sub-16, seis postos de finalistas en campionatos galegos, e trece marcas persoais.

O domingo Ángel Vieira colgábase nas pistas de atletismo de Fontacarmoa o bronce no Campionato Galego de Lanzamentos Longos Sub-18 na proba de martelo de 5 quilogramos. Fíxoo cun mellor intento de 29 metros e 11 centímetros. Na mesma cita, na proba de disco dun quilogramo, as súas compañeiras Andrea Cortés e María Deza remataron quinta cunha mellor marca persoal de 15,76 metros e sen puntuar por facer todos nulos, respectivamente.

O día anterior, o sábado, Xoel Otero facíase cun billete para a proba do triplo salto do vindeiro Campionato de España de Pista Cuberta no control de marcas organizado no Pazo dos Deportes da Coruña cos seus 12,37 metros -a mínima é de 12,30-.

En paralelo, no mesmo escenario, no Campionato Galego Sub-18 en Pista Cuberta a Mazí gozou de varios finalistas entre os seus sete representantes. Clara Solla foi sexta nos 400 metros cunha mellor marca persoal de 1.03.88 na súa estrea na categoría de idade, o mesmo posto co de María Deza en lanzamento de peso de 3 quilogramos, con 8,62 (mellor marca persoal, MMP). Entre os homes, Brais Bemposta rematou quinto en salto de altura con 1,56 metros (MMP), Damián Méndez oitavo nos 800 en 2.16.16, eÁngel Vieira oitavo en lanzamento de peso de 5 quilogramos levando a bola a 8,52 metros (MMP).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Bronce autonómico de Ángel Vieira en martelo