Araceli Bugallo cólgase dúas medallas en Santiago

Bronce e prata para a tiradora cambadesa do AVE


vilagarcía / la voz

A tiradora cambadesa da Asociación Vilagarcía Esgrima (AVE), Araceli Bugallo, completou o XIV Open Compos de Esgrima con dúas medallas nos cadros de espada. O sábado, finalizando terceira na categoría sénior feminina, que gañou a portuguesa Sá María, nunha proba puntuable para o Ránking da Federación Galega de Esgrima. O domingo, caendo na final do cadro de veteráns, puntuable para o Ránking Nacional, ante a madrileña Rosa Jiménez por 10-7. O sábado tamén competiron outros tres tiradores da AVE, Gabriel Abalo, Mauro Blanco e Jaime Martínez; este último rematou 27º. entre os 64 participantes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Araceli Bugallo cólgase dúas medallas en Santiago