O Viajes Interrías volve perder nunha mala xornada do CXF, e o Dorna gaña

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O equipo de División de Honra caeu en Pontevedra

12 feb 2020 . Actualizado a las 10:54 h.

Cara e cruz dos dous equipos de referencia do xadrez arousán, co C.X. Fontecarmoa de Vilagarcía vendo a tres dos seus catro equipos nas dúas principais categorías das Ligas Galegas pechar a terceira rolda con derrota, e co Dorna Vengarco gañando o seu primeiro enfrontamento da tempada na Primeira División.

O C.X.F. Viajes Interrías Sanxenxo confirmou o seu pobre inicio de Liga, perdendo o pasado sábado 4-2 no local de xogo do Xadrez Estratexia Pola Paz de Pontevedra, como o equipo vilagarcián cun título da División de Honra galega no seu poder. Dous puntos conseguidos con catro táboas, que sitúan o cadro arousán noveno -de doce- na clasificación ligueira con 8 puntos, polos 12,5 do líder, o Xadrez Verín A.

Na Primeira División, no Grupo B, o C.X.F. Baños Print caeu 1,5-2,5 co líder, a E.X.P. Ramón Escudeiro, e o C.X.F. La Marina 2,5-1,5 ante o Algalia, mentres que o Dorna Vengarco A se levaba o duelo no fondo da clasificación coa E.X.P. Non á Violencia de Xénero cun 1,5-2,5. O cuarto equipo do Salnés na Primeira, o C.X.F. Espazo Xove, derrotou 3-1 o Xadrez Marín, e é segundo no grupo C.