Feliz aniversario, pequena Rosalía

Uns 750 escolares de Vilagarcía coñecerán un pouco mellor a escritora grazas a unha obra de teatro


O vindeiro martes, 18 de febrerio, arredor de 750 escolares de Primaria de Vilagarcía terán unha cita no auditorio. Convidados pola Concellería de Cultura, asistirán a unha obra de teatro sobre a infancia de Rosalía de Catro, organizado con motivo do aniversario do seu nacemento.

A infancia de Rosalía centra esta produción de Culturactiva, unha montaxe destinada ao público infantil e familiar que recrea a vida da escritora nun dos seus momentos de cambio fundamentais para a súa vida, o traslado desde Padrón a Santiago de Compostela. A escritora galega ten sido protagonista de moitas obras de teatro, pero esta é a primeira oportunidade na que o público pode atoparse coa nena que foi. Rosalía afonda na infancia dunha rapaza fantasiosa e rebelde que imaxina o mundo e pon a xogar ás palabras. Fina Calleja dirixe un texto de Nate Borrajo, interpretado por Cris Collazo e Rocío González.

A obra ten como vocación rescatar para o público máis novo a infancia da escritora, explicando o seu carácter como unha nena creativa, inconformista, lectora, activa e rebelde ás cousas que considera que non son xustas. Son estes valores que forman parte da obra de Rosalía de Castro e aos que a rapazada só pode chegar desde a súa explicación adulta. A poesía, a música e a creatividade da nena que será unha das grandes escritoras universais son os argumentos da peza para que os espectadores e as espectadoras novas se acheguen a ela.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Feliz aniversario, pequena Rosalía