Campos e Frieiro, recoñecidos na Gala Nacional del Piragüismo Español

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Celebrouse no Auditorio Goyneche do Comité Olímpico Español, en Madrid

04 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O mundo do deporte da pa español vivíu o sábado a súa reunión anunal na Gala Nacional del Piragüismo. Unha cita que servíu para recoñecer os mellores do 2019, no marco da celebración do sesaxésimo aniversario da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP). Con dous nomes propios entre o deporte arousán no Auditorio Goyneche do Comité Olímpico Español, en Madrid: Tono Campos, e Carla Frieiro.

O canoísta do Breogán do Grove subríu ao estrado a recoller a Mención Especial polos seus brillantes resultados no Europeo e no Mundial de Maratón, nos que reuníu media ducia de medallas. Tantas como regatas disputou, salientando os títulos mundiais no C1 e no C2 en Shaoxing, China, reunindo o dobrete na embarcación individual tras ter conquistado o ouro continental con anterioridade na localidade gala de Decize.

Campos recibíu a distinción de mans de Narciso Suárez, gañador xunto con Quique Míguez da medalla de bronce no C2 nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 84.

«Seguimos trabajando para que esta temporada 2020 sea tan fructífera como la pasada», declaraba onte Tono Campos nas súas contas en redes sociais coa súa distinción xa consigo, que sumou ao premio ao Mellor Padexeiro Masculino 2019 da Federación Galega de Piragüismo, e ao Premio ao Mellor Deportista Galego 2018 outorgado pola Xunta de Galicia.

A outra protagonista arousá na Gala Nacional del Piragüismo, a catoirense das Torres-Romaría Vikinga Carla Frieiro, foi recoñecida por segundo ano consecutivo como Mejor Promesa Júnior Femenina de España.