Cursos para mulleres de hostalería e limpeza

B.c. / la voz

AROUSA

MARTINA MISER

As interesadas nesta oferta formativa poden reservar praza ata o 10 de febreiro no Concello

04 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de A Illa, a través da Universidade Popular, abriu o o prazo, ata o 10 de febreiro, para solicitar praza nos programas «Hostalaría e Turismo 360» e «Emprega-T», que comezaron no verán e teñen continuidade co desenvolvemento destes cursos. Trátase de dúas iniciativas dirixidas a mulleres co obxectivo de axudarlles no fortalecemento e adquisición de capacidades básicas e no seu acceso ao mundo laboral. Poderán participar entre 15 e 20 mulleres, que recibirán formación teórico-práctica.

No programa de hostalería tocaranse áreas como información turística, servizo e atención ao cliente, o uso das TIC e nocións de inglés. O curso inclúe cinco obradoiros de cociña, abordando distintas técnicas de preparación de alimentos e bebidas.

O «Empréga-T» centrarse na profesionalización da limpeza: técnicas de limpeza, tratamento e mantemento de superficies, mobiliario, etcétera.

En ambos programas abordaranse temas transversais como poden ser a orientación laboral, a creación de empresa, o empoderamento, a igualdade de xénero entre homes e mulleres, as novas tecnoloxías e as súas aplicacións, a motivación e autoestima, o medioambiente e o seu coidado, ademais do emprego. O equipo de docentes, mentores e titores acompañará ás participantes durante todo o proxecto, axudándolles a adquirir as competencias que se tratan nestes cursos. «Con este proxecto, o Concello de A Illa de Arousa mostra o seu compromiso co desenvolvemento sostible e a xeración de emprego», segundo indica o goberno local do municipio anfitrión.