O P. Cambados, primeiro líder da Liga Galega de Kayak Mar


vilagarcía / la voz

A Liga Galega de Kayak de Mar abríu na tarde do sábado o calendario de competicións oficiais 2020 de piragüismo. Fíxoo coa disputa da sétima edición do Trofeo Concello de Rianxo, na que participaron 250 padexeiros. Entre eles, os dun Piragüismo Cambados ao que se lle ve empeñado en confirmar un ano máis a súa condición de grande da modalidade na comunidade.

O equipo da vila do albariño fíxose en Rianxo co triunfo e, con el, co liderado provisional da Liga Galega de Kayak de Mar, ao sumar 1.681 puntos. O Piragüismo Olívico, con 1.601, e o Kayak Vigo, con 1.321, acompañárono no podio por equipos.

O Piragüismo Cambados tamén gañou a xeral masculina, con 1.358 puntos, co Piragúismo Olívico segundo con 1.140 e co Piragüismo Illa de Arousa terceiro con 640. O palmarés feminino tivo o P. Olívico como vencedor, seguido no cadro de honra polo P. Illa de Arousa e polo K. Vigo, por esta orde.

O cambadés Miguel Pérez foi segundo na categoría raíña masculina, o K1 Sprinter, só por detrás do campión olímpico Carlos Pérez, Perucho (Ría de Aldán), mentres a breoganista Rut Otero fixo o propio no K1 Sprinter Feminino, que gañou Verónica Carrera, do P. Olívico.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O P. Cambados, primeiro líder da Liga Galega de Kayak Mar