Dúas obras aspiran ao premio de teatro de Valga

valga / la voz

AROUSA

MARTINA MISER

«Brinco Encarnado», presentada baixo o pseudónimo Pepa Michela, e «José Bonaparte: Non vas a ningunha parte», asinada co nome ficticio Paco Xestas, son os títulos dos textos presentados ao concurso

23 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Concellería de Cultura de Valga recibiu dúas obras dentro do prazo para optar ao Premio de Teatro «A Guerra da Independencia», un certame que anualmente convoca o Concello como unha das iniciativas coas que rememorar a Batalla de Casaldeirigo, que se librou na localidade no ano 1809. «Brinco Encarnado», presentada baixo o pseudónimo Pepa Michela, e «José Bonaparte: Non vas a ningunha parte», asinada co nome ficticio Paco Xestas, son os títulos dos textos presentados ao concurso, do que sairá a obra que se represente no contexto da batalla de Casaldeirigo.

Nese sentido, hai que ter en conta que se trata dunha representación popular na que participarán actores afeccionados e que se desenvolverá ao aire libre nas inmediacións da Capela da Virxe da Saúde polo que, ademais da calidade das obras, o xurado encargado de fallar o premio terá en conta a viabilidade da súa posta en escena. Establécese un único premio de 600 euros.