A poesía súmase ao relato curto no instituto

AROUSA

MARUXA ALFONSO

O I.E.S. Monte da Vila vén de abrir o prazo de presentación de obras da terceira edición do seu Festival Montenegro

22 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O profesorado do Instituto de Ensinanza Secundaria Monte da Vila vén de botar a andar a terceira edición do Festival Montenegro de Arte e de Novela Negra. Un evento que contará co seu segundo Certamen Literario de Relatos Breves Montenegro, e co primeiro de poesía. En ambos os dous casos, abertos a todo o mundo, se ben con catro categorías. Unha para alumnos de Primeiro e de Segundo da ESO, outra para estudantes de Terceiro e de Cuarto da ESO e de FP Básica, unha terceira para alumnos de Bacherelato e de ciclos formativos, e unha última para calquera persoa maior de 18 anos que non figure nalgún dos apartados anteriores. O prazo de presentación de traballos rematará ás 23.59 horas do 17 de febreiro.

Ademais de ser orixinais e inéditas, as propostas que se rexistren no Certamen Literario de Relatos Breves Montenegro deberán estar escritas en castelán, cun máximo de 500 palabras, inspiradas na novela «Alterworld» de Antonia Huertas, e coa ciberseguridade ou outras temáticas da obra apuntada como eixo central da acción. Os textos deberán enviarse á dirección de correo electrónico relatosmontenegro@gmail.com.

No tocante ao I Certame de Poesía Montenegro, as obras que se rexistren deberán ser orixinais e inéditos escritos en galego, de non máis de 40 versos e un mínimo de 4, que poderán estar repartidos en varios poemas, cun máximo de dúas obras por persoa. A temática neste caso deberá versar sobre a memoria individual e colectiva, a violencia machista, a marxinación, a rebeldía, a paisaxe do mar ou a loita das mulleres. As propostas deberán enviarse á dirección de correo electrónico poesiamontenegro@gmail.com. Para máis información, ir á web http://montenegroartenovelanegra.blogspot.com.

Charlas de autores

Desde o I.E.S. Monte da Vila confirmouse a presenza en marzo no centro educativo dos autores Antonia Huertas, Diego Ameixeiras e Marta Dacosta, que charlarán con alumnos do instituto e abrirán sesións de debate sobre o mundo da creación literaria.