O Parlamento apoia a obra do dique de Porto Meloxo

La Voz LA VOZ / O GROVE

AROUSA

MARTINA MISER

A comisión de pesca aprobou por unanimidade unha iniciativa do Grupo Común da Esquerda

19 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego vén de aprobar, por unanimidade, unha iniciativa do Grupo Común da Esquerda para o desbloqueo da construción do dique de abrigo do Porto de Meloxo (O Grove). O deputado Xan Xove, quen defendeu a iniciativa, salientou a necesidade desta obra para abrigar o porto, pero, tamén, para permitir a ordenación do porto do Corgo e reducir os puntos de fondeo nunha zona que foi historicamente aproveitada polo marisqueo a frote.

O proxecto da construción do dique foi presentado por Portos de Galicia en 2016, pero segue en dique seco. Esquerda Unida do Grove, a través do Grupo Común da Esquerda, presentara no seu momento unha emenda aos Orzamentos para que se ampliase a partida para esa actuación.