O Piñeiriño gaña o Concurso Escolar Sostible de Nadal

Os traballos do Vagalume e do centro de Aralde levan o segundo e o terceiro premios, e o Anexo A Lomba, o do público


Durante o Nadal recén rematado os veciños e visitantes que pasearon por Vilagarcía atopáronse cun Parque Miguel Hernández diferente ao doutros anos. Cheo de árbores preparadas por alumnos dos catorce centros educativos da capital arousá que decidiron participar na primeira edición do Concurso Escolar de Decoración Sostible de Nadal promovido pola Concellería de Xuventude. O xoves o seu xurado fallou os tres premios, que onte anunciou xunto co elixido por voto popular. E o C.E.I.P. Piñeiriño é o nome do gañador do primeiro premio.

Presidido pola concelleira de Xuventude, Alba Briones, o xurado, composto ademais por técnicas do seu departamento e dos de Comunicación e Xardíns da administración local, acordaron concederlle a segunda distinción ao traballo realizado pola Escola de Educación Infantil Vagalume, e o terceiro ao da escola de Aralde. Os votos populares depositados no buzón instalado no Parque Miguel Hernández deron como gañadora a árbore elaborada por estudantes do Anexo A Lomba, centro que recibirá como recompensa 150 euros do Concello, polos 300 do gañador do primeiro premio do xurado, e dos 200 e 100 do segundo e do terceiro. O resto dos participantes, os colexios de Vilaxoán, A Lomba, Rubiáns, Rosalía de Castro e Arealonga, o Centro de Educación Especial, o centro escolar de BATA e as escolas infantís de Vilar-Bamio e Solobeira levarán 75 euros cada un. A entrega realizaráse nos vindeiros días no consistorio vilagarcián, nun acto conxunto.

A concelleira de Xuventude, Alba Briones, salientou a alta participación dos centros da localidade na primeira edición do Concurso Escolar de Decoración Sostible de Nadal, co que o seu departamento buscou fomentar entre os máis novos valores como a reutilización e reciclado, e o uso de materiais naturais en creacións tan cargadas de simbolismo para os rapaces. Pinzas de madeira, piñas, culleres de pau, vasos e pratos de papel, cápsulas de café, cunchas, botellas de PVC, lámpadas e mesmo CDs foron algúns dos elementos empregados polos concursantes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Piñeiriño gaña o Concurso Escolar Sostible de Nadal