Agostiño Iglesias imparte un curso de fotografía

La Voz

AROUSA

08 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Penoucos vén de organizar un curso de fotografía co que se tentará «achegar a sétima arte a todas aquelas persoas que o desexen», de xeito que poidan «usar a cámara no modo manual no canto do automático, aproveitando así todos os recursos de cantos dispón». De dar as clases vaise ocupar o fotoxornalista Agostiño Iglesias, que ofrecerá doce sesións durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e mesmo abril. A cita será os sábados, de once da mañá a unha da tarde na casa de cultura de Ponte Valga. Cada sesión está composta por unha parte teórica e por outra práctica. Ademais proporanse exercicios dunha semana para outra, de cara a afianzar contidos, os cales serán corrixidos un por un ao comezo de cada unha das xornadas de traballo.