Jéssica Bouzas escala ao posto 43 do ránking mundial júnior

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CIDIDA

A alumna vilagarciá da Academia Tenis Ferrer acada a súa mellor posición no circuito tras o peneirado anual que cada primeiro luns de xaneiro se fai o mesmo

07 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Como cada ano, o ITF Tennis Junior, o circuito mundial Sub-18 de referencia, procedía o primeiro luns de xaneiro a peneirar o seu ránking, eliminando a todas as xogadoras e xogadores que ao longo do novo ano cumprirán os 19. Un proceso que lle permitíu á vilagarciá Jéssica Bouzas experimentar sucesivos saltos no listado nas tres últimas tempadas. Do número 311 ao 265 entre a derradeira semana do 2017 e a primeira do 2018. Do 165 ao 141 da do 2018 á do 2019. E de sete postos no día de onte, pasando a alumna arousá da Academia Tenis Ferrer do 50 ao 43, con 705,5 puntos no seu haber; a súa mellor posición histórica no ránking.

O grande impulso no xogo e nos resultados que Bouzas experimentou no 2019, ata o punto de converterse no primeiro tenista galego en xogar un torneo júnior do Grand Slam en 20 anos -o U.S. Open-, ralentizou desta volta o avance polo peneirado anual do ránking ITF Tennis Junior. Un circuito no que competirá no seu derradeiro curso Sub-18 o xusto para poder acudir a Roland Garros e a Wimbledon, centrada en ir collendo experiencia no circuito profesional.