Ancestros preséntanse en sociedade dende a Azucarera


Hoxe sábado • 20 horas • Gratuíto • Auditorio da Azucarera de Portas • Son doce, chámanse Ancestros e levan tres meses presentando o seu asalto. Sobre unha base de música celta, a banda deseña os seus propios arreglos de diferentes temas, aportándolles un tratamento que carece de complexos e no que poden rastrearse dende inequívocas influencias tradicionais e folclóricas ata unha pegada de electrónica. Ancestros teñen a súa sé na propia Azucarera de Portas, onde este serán desenvolverán o seu debut. A combinación de batería, gaita e piano coa frauta, o violín e unha sección propia de metais, conformada por dous trombóns, unha trompa e unha tuba, promete emocións musicais poderosas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ancestros preséntanse en sociedade dende a Azucarera