De broches de Nadal e unha visita ao centro comercial

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

24 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A programación de Nadal de Vilagarcía ten dous puntos de interese, antes de que a Noiteboa chame as familias a reunírense nas súas casas. En primeiro lugar, os obradoiros que organiza o Concello. Á mañá, entre las once e a unha, obradoiro do amigo invisible na praza de Galicia. Xa á tarde, entre as cinco e as sete, obradoiro de broches de Nadal na praza da Segunda República, diante do auditorio municipal. O mercado de Nadal funcionará tamén dende os postos de madeira da praza da Independencia para todos aqueles que pensen nun agasallo diferente. O espírito do Nadal aniña, por último, no centro comercial Arousa. Papá Noel, que o luns estivo cos nenos na rúa Covadonga por cortesía de Zona Aberta, visita hoxe as súas instalacións e os pequenos poderán quitarse unha fotografía con el. Pero atención aos reloxos, porque o centro pechará as súas portas ás oito do serán. O día 25, os únicos establecementos que funcionarán serán os relacionados coa hostalería, a partir das seis da tarde.