Obradoiros navideños na Biblioteca de Cordeiro

AROUSA

Cedida

O Concello de Valga programounos para o 20 e 27 de decembre, e o 3 de xaneiro

18 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

20 e 27 de decembro, e 3 de xaneiro • Biblioteca de Cordeiro • Varios nenos gozaron o luns na Casa da Cultura de Valga do obradoiro «Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca», descubrindo o culpable coa análise de probas, e extraendo ADN duns chícharos baixo a supervisión do responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega «Efervesciencia», Manuel Vicente. Foi a antesala dos obradoiros de Nadal que o Concello de Valga ten programados na Biblioteca de Cordeiro. O primeiro este venres, seguido dun o día 27 centrado sobre os Reis Magos, e o 3 de xaneiro un dedicado a facer cartas para as súas maxestades de Oriente. Os menores de 5 anos deberán estar acompañados dun adulto.