Choiva de peluches no Pombal

La Voz

AROUSA

Martina Miser

Os socios e afeccionados do Xuven sumáronse á campaña «Ningún Neno sen Xoguete»

15 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Pavillón do Pombal vivíu onte no descanso do partido do equipo sénior feminino do Xuven unha choiva de peluches. Os que os socios e demais afeccionados do club cambadés levaron consigo para lanzalos ao parqué da cancha con vistas ao seu próximo reparto entre os nenos das familias desfavorecidas da localidade. Unha iniciativa da segunda campaña «Ningún Neno sen Xoguete» do club e de Zona Centro.