Cita en Vilagarcía con Alecrina

La Voz

AROUSA

SANDRA ALONSO

A función comeza ás seis da tarde

10 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Como preludio das vacacións de Nadal, o vindeiro domingo a compañía Os Monicreques de Kukas representará no Auditorio «Arlequina», unha obra de teatro musical apta e aconsellable para todo tipo de público a partir de dous anos de idade. Con este espectáculo, a compañía que ven de recibir o Premio da Cultura Galega na modalidade das Artes Escénicas, celebra os seus corenta anos facendo teatro en galego e con marionetas. A función comeza ás seis da tarde. A entrada de adultos custa 5 euros, a infantil -ata os trece anos- 3 euros e a bonificada para desempregados, maiores de 65 anos e mocidade, 3 euros previa acreditación desa condición.

Alecrina é unha folla de papel de periódico que se transforma nun paxariño ao que lle van sucedendo un senfín de cousas a través das cales, e contando coa axuda de Marchelino, un vello e estrafalario artista e titiriteiro, vai buscando a súa identidade. Con diferentes tipos de marionetas, seis actores en escena e cinco músicos interpretando música en directo, os Monicrekes de Kukas presentan un espectáculo moi coidado, cunha vistosa estética e cunha trama na que hai intriga, misterio e moita diversión, garantido.

As entradas para o espectáculo pódense adquirir a través de www.ticketea.com (máis custes de xestións) ou o día da función.