«Rexas» chega ao auditorio de Vilagarcía

La Voz

AROUSA

30 nov 2019 . Actualizado a las 16:16 h.

Tras dous anos e medio de andaina, a mostra da Deputación «Rexas, mulleres baixo o terror franquista» chega por vez primeira ao Salnés, comarca da que son orixinarias 25 das 172 protagonistas da exposición. A mostra destaca que Vilagarcía é, despois de Vigo, o municipio da provincia con maior número de asasinadas. A exposición estará aberta ata o 14 no auditorio.