O Fexturrón volve encher o recinto Fexdega

La Voz

AROUSA

30 nov 2019 . Actualizado a las 16:16 h.

Hoxe • 17 horas • Un ano máis, o recinto feiral de Fexdega convírtese, dende hoxe e ata o 6 de xaneiro, nun recinto consagrado á diversión e ao ocio. Unha pista de xeo de 450 metros cadrados, acompañada por un tobogán, serán as atraccións estrela nun recinto no que haberá escalextric, coches eléctricos, camas elásticas e todo o preciso para pasalo de medo.