O arousista Adrián Gómez entra na lista final para a Copa das Rexións UEFA

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Galicia exercerá de anfitriona en terras de Arousa

30 nov 2019 . Actualizado a las 22:36 h.

O seleccionador galego Iván Cancela desvelou a primeira hora da tarde de onte o nome dos 18 xogadores que defenderán as cores do combinado galaico na primeira fase da Copa das Rexións UEFA. Unha fase na que Galicia exercerá, a vindeira semana, de anfitrión en terras de Arousa, con Ceuta e con Castela A Mancha como rivais polo pase á seguinte rolda.

Dous eran os futbolistas do Arousa que estaban a participar nas concentracións e partidos de preparación que Cancela programou nas últimas semanas con vistas á Copa. O lateral esquerdo Adrián Gómez, e o central Trapero. Ambos xogaron, de feito, no encontro do combinado galego o martes co Estradense, con triunfo do cadro autonómico por 1-3. Só Adrián Gómez, titular neste choque, pasou finalmente a peneira de Iván Cancela, figurando nunha lista de 18 con futbolistas da metade dos equipos do grupo galego da Terceira, e co Compostela e co Bergantiños únicos en contar co máximo de tres xogadores na convocatoria estipulado pola Real Federación Galega de Fútbol. Galicia xogará o vindeiro venres con Castela A Mancha en Baltar, e dous días despois no Salvador Otero ante Ceuta.