29 nov 2019 . Actualizado a las 21:30 h.
O colectivo feminista O Soño de Lilith organizou onte á tarde un coloquio que abordou o mundo do xornalismo dende unha perspectiva de xénero. O debate foi conducido pola xornalista e escritora Montse Fajardo. Nel interviñeron as xornalistas Fátima Frieiro Santaya, Rosa Estévez Rei e Alba Tomé, que desenvolven o seu labor profesional na bisbarra do Salnés, ademais de Emma Araújo, da asociación Xornalistas Galegas. A sesión, convocada ao abeiro do 25N, desenvolveuse no Salón García da capital arousá. foto martina miser