Derradeiro día para inscribirse na Media Maratón Solidaria a prol da Fundación Andrea

Desde o luns o custo da participación elevouse de 12 a 15 euros para os propietarios de chip, e de 13 a 16 para aqueles corredores que non dispoñan do mesmo


vilagarcía / la voz

Ata as 23.59 horas de hoxe, xoves, permanecerá aberta na web www.championchipnorte.com a inscrición na oitava edición da Media Maratón Solidaria Zona Aberta de Vilagarcía, con saída este domingo ás 10.30 horas desde a céntrica Avenida da Mariña. Unha proba limitada a maiores de idade, que este ano destinará a súa recadación á Fundación Andrea, dedicada ao apoio ás familias con nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, con liñas de axudas como un sistema de aloxamentos para pais preto dos hospitais onde están ingresados os rapaces.

Á causa benéfica, a Media Maratón Solidaria Zona aberta suma o atractivo dun trazado homologado pola Real Federación Española de Atletismo, o que convirte en oficial calquera marca obtida polos seus participantes, que contan ademais cun percorrido practicamente chan.

Desde o luns o custo da participación elevouse de 12 a 15 euros para os propietarios de chip, e de 13 a 16 para aqueles corredores que non dispoñan do mesmo. A carreira está aberta tanto a atletas federados como non federados, cunha clasificación conxunta, pero tamén por categorías, sénior (18 a 34 anos), veterán A (35 a 44), veterán B (45 a 54) e veterán C (55 e adiante), masculinas e femininas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Derradeiro día para inscribirse na Media Maratón Solidaria a prol da Fundación Andrea