Xornada negra para os equipos do Salnés na Primeira Galega

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Sigaltec, Xuven, Meco, CLB e Dorna saldaron os seus respectivos encontros con derrota

20 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Pleno de derrotas dos cinco equipos arousáns na Primeira Autonómica Masculina e Feminina de baloncesto.

Na masculina, o Xuven Cambados caeu 64-77 co Syngenta Seis do Nadal, e o Sigaltec 64-75 co Bosco Stores Persan, mentres que o Meco Rafonca sufría un duro correctivo na cancha do EDM A Estrada: 76-46.

Na categoría feminina, o C.B. Dorna sucumbíu 43-57 no seu duelo co líder, o Celta Universidade de Vigo B, mentres o CLB caía, 63-40, no seu paso pola pista do Forbe Seis do Nadal.