A traiñeira feminina do C.R. Mecos, premiada na Gala do Remo galego

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Oscar Vázquez

A Federación Galega recoñeceuna polos seus títulos de campioa de Galicia e de España

17 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Federación Galega de Remo reuníu onte os mellores deportistas, tripulacións, técnicos e árbitros autonómicos da tempada que remataba dous meses atrás. Fíxoo na quinta edición da Gala do Remo Galego, no auditorio do Instituto de Ensinanza Secundaria Illa de Tambo. Un acto que servíu para recoñecer, con cadanseu premio, a todos os actores que ao longo do 2019 brillaron con luz propia, tanto nas competicións autonómicas, como estatais, e tamén, como non, a nivel internacional como parte da selección española.

Entre os 27 premiados, un nome propio arousán. O da tripulación do Club de Remo Mecos-Coruxo Isabel, elixida mellor traiñeira feminina da última tempada. Un galardón que obtivo por méritos de ouro. Da man de Iván Treinta, a bancada grovense-viguesa conquistou tanto o Campionato Galego como o Campionato de España da modalidade raíña do banco fixo, ademais de gañar a Liga Galega de Traíñas Feminina, mérito este que a Federación non valorou.