Sergio, Santi Mina e Araújo, hoxe na Illa da man da Peña Carcamáns

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

M.MORALEJO

14 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Peña Carcamáns da Illa, a máis numerosa de cantas conta o Celta de Vigo, abre esta tarde o programa de actos do seu vixésimo primeiro ano de existencia. No auditorio do Concello da Illa os xogadores do equipo olívico en Primeira División Sergio Álvarez, Santi Mina e Néstor Araújo ofrecerán unha charla-coloquio aberta a todos os públicos, pero especialmente pensada para os máis novos, que poderán despois facerse fotos e conseguir autógrafos dos xogadores.