Oito arousáns cadetes, convocados a unha concentración española en Madrid

Catro breoganistas, tres deportistas do Náutico Pontecesures e un máis do Náutico O Muíño traballarán esta fin de semana na capital


vilagarcía / la voz

O corpo técnico da Real Federación Española de Piragüismo programou esta fin de semana unha concentración de padexeiros cadetes, enmarcada no seu programa de seguimento de novos valores do deporte da pa. E entre os seleccionados, oito con ficha en equipos arousáns.

O Breogán do Grove é o club máis representado da zona, coas irmás Valeria e Yolanda Oliveira, Carme Devesa e a súa recente última incorporación, o canoísta madrileño Diego Domínguez. Valeria acode en calidade de número 1 española en canoa B feminina, Devesa como número 1 en kaiak B feminino, e Domínguez como segundo en canoa A masculina. Yolanda, pola súa banda, entrou na lista como primeira reserva. Xunto a eles traballarán Lúa Cubiella, kaiaquista vilanovesa do Náutico O Muíño, e os padexeiros do Náutico Pontecesures Aroa Dios, Aarón Giadás e Rodrigo Abalo. O sábado farán probas na piscina e na pista de atletismo, e na mañá do domingo diversos exercicios nun polideportivo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Oito arousáns cadetes, convocados a unha concentración española en Madrid