Iván Roade e Leticia Fernández coróanse na Festa do Marisco

Ambos impuxéronse con suficiencia, coa corredora do RunGalicia-Intersport sumando o seu terceiro título na popular meca


Iván Roade Lago (Adas Proinor) e Leticia Fernández Barbosa (RunGalicia-Intersport) conquistaron na mañá do domingo as coroas masculina e feminina da vixésimo primeira edición da Carreira Popular Festa do Marisco. Un triunfo que no caso da corredora eleva a tres o seu número de títulos na proba meca, revalidando o seu primeiro posto do 2018, logo de estrearse no 2015 no palmarés, cando a cita se disputaba sobre un trazado duns 6.600 metros, e non sobre 10.000 como vén sucedendo desde o 2017.

Os dous campións impuxéronse na liña de meta con suficiencia. Roade, con Alejandro Fernández, vencedor no 2012 e 2013, como único rival quen de aguantarlle o seu alto ritmo desde o mesmo pistoletazo de saída. Ritmo que Fernández non foi quen de seguirlle moito tempo, con Roade destacado xa a metade de carreira, sacándolle uns 80 metros ao seu inmediato competidor á altura do Monte Central da illa da Toxa. O home do Adas Proinor completou o 10.000 meco en 31 minutos e 21 segundos, con 53 segundos de vantaxe sobre Fernández, e 2 minutos e 37 segundos respecto a Manuel Lorenzo, do Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que pechou o podio absoluto masculino. Rubén Rodríguez, do organizador Clube Deportivo Ría de Arousa, foi o mellor local en meta, sexto en 35.16, seguido de Francisco Ramón Oubiña, do C.A. Cambados, sétimo en 35.33.

Máis contundente foi inda a vitoria de Leticia Fernández, vixésimo terceira na xeral en 39.41, acompañada no podio feminino por Iria Campos, do Atletismo Deza, con 41.22, e por María Aurora González, do C.D. Pinarium, cun crono de 45.47.

O mal tempo previsto -finalmente a chuvia non fixo presenza- botou atrás a un bo número de inscritos, deixando finalmente a distancia raíña da Popular Festa do Marisco con só 201 atletas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Iván Roade e Leticia Fernández coróanse na Festa do Marisco