Máis de 300 pares de botas da Copa Ribadumia, enviadas a nenos de Guinea Ecuatorial

A organización da Copa Ribadumia-Clae Viajes vén de informar que este domingo partirá en barco cara Guinea Ecuatorial o material deportivo recollido durante a celebración da primeira edición do torneo


vilagarcía / la voz

A organización da Copa Ribadumia-Clae Viajes vén de informar que este domingo partirá en barco cara Guinea Ecuatorial o material deportivo recollido durante a celebración da primeira edición do torneo, e destinado a nenos desfavorecidos de Bata, localidade do país africano, que o recibirán o vindeiro mes.

Desde o campionato de categorías base lembran como no seu momento solicitaron a colaboración dos 78 equipos que participaron nos seus torneos no seu proxecto Mis botas dan vida, reunindo máis de 300 pares de botas de xogo, ás que o C.D. Ribadumia lles engadíu camisetas e pantalóns de deporte. O material partíu nunha furgoneta o xoves pasado, día 3, desde o campo municipal da Senra ao porto de Valencia.

Desde a Copa Ribadumia-Clae Viajes quixeron agradecer a axuda inestimable á iniciativa de Blas Charlín, de Pablo Coira, e mais de Benjamín Zarandona, ex xogador do Betis e do Real Valladolid, e embaixador da Fundación Martínez Hermanos, que traballa en Guinea Ecuatorial desde o 2014, e que se ocupará do reparto do material.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Máis de 300 pares de botas da Copa Ribadumia, enviadas a nenos de Guinea Ecuatorial