Un domingo para redescubrir Vilaxoán da man de Xurxo Souto

Alá foron As Revenidas, en agosto, pero a sombra do festival é alongada


Domingo, 13 de outubro • Saída do club de remo de Vilaxoán • 12 horas • Gratuíto • Alá foron As Revenidas, en agosto, pero a sombra do festival é alongada. Nin a música nin a cultura remataron cos concertos e a sardiñada. Este domingo, da man de Xurxo Souto, a campaña #Destino Revenidas Fame de Experiencias propón redescubrir Vilaxoán de vagar e co ollo de mirar ben. O roteiro partirá da explanada do club de remo, onde o polifacético artista coruñés, que liderou Os Diplomáticos i é quen de transmutar o pulso do país en letras para os seus relatos, asumirá a guía da comitiva que percorrerá a vila na procura do seu patrimonio material e inmaterial, coa música como fío condutor. A experiencia rematará cunha cata de viños Rías Baixas por cortesía da adega Martín Códax.

Iniciativas como a sardiñada, os concertos a bordo do Chasula e as demostracións de cociña a cargo de Kike Piñeiro, Eloy Cancela e Inés Abril forman parte deste mesmo programa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Un domingo para redescubrir Vilaxoán da man de Xurxo Souto