Visitas internacionais á bisbarra do Salnés

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

Un grupo de Erasmus coñeceu O Grove, e arredor de 150 veciños de Guimaraes percorreron a Variante Espiritual, facendo noite en Vilanova

29 sep 2019 . Actualizado a las 21:00 h.

Da man da Asociación da Universidade de Santiago de Erasmus Internacionais un grupo de 75 rapaces trasladáronse onte ata O Grove para, coa colaboración do Concello, coñecer os valores naturais e culturais da vila. Para elo, a institución trasladounos dende as instalacións que a Deputación que ten na Lanzada, onde estiveron reunidos durante a fin de semana, ao complexo museístico de Punta Moreiras no cal os servizos municipais ensinaron o Museo da Salga e a súa industria dende a chegada dos cataláns as costas mecas no século XIX. Despois percorreron os sendeiros e contemplaron o complexo escultórico que se distribúe polo entorno antes de regresar de novo as instalacións provinciais. Unha xornada de convivencia que os Erasmus agradeceron pola diversidade cultural que puideron experimentar, marchando sorprendidos dos encantos naturais e patrimoniais da vila.

Non foron os únicos visitantes internacionais que esta fin de semana pararon no Sanlés. Un grupo conformado por 150 veciños de Guimaraes percorreron a Variante Espiritual, facendo noite en Vilanova. Dende alí remontaron Arousa e o río Ulla ata Pontecesures.