O Arousa encara o partido da «paciencia» e da tranquilidade ante o ultradefensivo Silva

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

RAMON LEIRO

Rafa Sáez advirte que o cadro vilagarcián debe estar moi atento non só a marcar, senón tamén a non confiarse ante un rival con gol

22 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Arousa retoma esta tarde o seu calendario de citas quincenais coa afección vilagarciá. Co Polvorín como primeira vítima, na xornada inaugural do novo campionato ligueiro, e co recén ascendido Estradense xeando as gradas e o vestiario da Lomba dúas semanas atrás, o conxunto que dirixe Rafa Sáez recibe hoxe (18 horas) o Silva de Francisco Javier Bardanca. Un equipo, o coruñés, marcado pola filosofía de xogo dun técnico que durante esta tempada cumprirá dez anos á súa fronte. 

Como ante o Estradense, o Arousa afronta hoxe o asalto a un muro de cinco defensas. Así as cousas, Rafa Sáez declaraba na antesala do choque que «si tuviera que buscarle un adjetivo a este partido, sería el partido de la paciencia. Un partido que debemos saber afrontarlo con inteligencia, para ir ganándolo metro a metro». Nas dúas áreas.

E é que se ben «el Silva tiene un talante defensivo, acumulando muchos jugadores por detrás del balón», o técnico do Arousa tira de táboa clasificatoria para sinalar que tamén «ha goleado en las cuatro jornadas anteriores. Por lo tanto, no cabe descuidarse. Tenemos que estar muy concentrados, muy atentos». Sobre todo cando diante toca lidiar cun adversario que «seguro», di Sáez, «va a poner 5-6 jugadores que en el balón parado van a ser muy peligrosos». Un perigo de cara para un cadro arlequinado que vén de encaixar sete goles nas tres últimas xornadas. Unha cantidade esaxerada para un aspirante a acceder á fase de ascenso a Segunda División B por moito que non lle falte razón ao seu responsable técnico á hora de facer fincapé en que «cuatro de esos goles encajados lo fueron de penalti, y hay que recordar que alguno generado en inferioridad numérica. Llevamos tres partidos acabados en inferioridad numérica».

O dato deses sete tantos en contra, unido á dura derrota, con pobre imaxe, na anterior comparecencia ligueira na Lomba, fai do choque co Silva de hoxe tamén o partido da tranquilidade. A que lle aseguraría ao cadro de xogadores e técnicos do Arousa os sete vindeiros días un triunfo, e claro, sobre un contrincante cos memos 6 puntos na clasificación, pero invicto ata hoxe.

Con Pacheco outra vez sancionado, Rafa Sáez deixou fóra da convocatoria o canteirán Javi Fontán, mantendo o xuvenil Raúl, goleador sete días atrás nas Pontes, e recuperando a Iago Martínez por Pacheco.