Tres días cheos de música, de baile e de deporte no San Martiño, que o vindeiro ano será festivo local no Grove


A Asociación Cultural e Deportiva San Martiño do Grove presentou onte na casa do concello o programa de festexos que prepara para os días 9, 10 e 11 de novembro. Un programa cheo de música, de baile e de deporte, ademais do tradicional magosto e precedido da emisión dun vídeo promocional que os responsables dos festexos encargaron co gallo do décimo aniversario do colectivo que encabeza Óscar Padín.

O I Trofeo Festa de San Martiño de Piragüismo, o 28 de setembro, servirá de precoz antesala, cunha antelación derivada dos tempos de competición cos que se manexan os padexeiros. O sábado 9 de novembro haberá un campionato de chave e o festival polo 25º. aniversario de Cantodorxo, pechándose a xornada coa verbena das orquestras Saudade e Kubo. Un torneo de minibásket abrirá a segunda xornada da Festa de San Martiño, con pasarrúas matutino e co magosto popular e animación infantil pola tarde na Praza do Corgo antes dunha exhibición de baile moderno por Cantodorxo. A Banda do Sequío e a orquestra Televisión despedirán a noite.

O día grande, o 11, á misa cantada pola Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño seguirálle a lectura do pregón, a cargo das padexeiras internacionais Tania Álvarez e Natalia García, con desgustación de callos e de carne ao caldeiro. Os Beyer’s Boys encabezan o cartel da última verbena, con queimada incluída. Unha festa que os seus organizadores ultiman coa satisfacción de ter sido informados polo goberno local de que no 2020 o día de San Martiño será festividade local.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Tres días cheos de música, de baile e de deporte no San Martiño, que o vindeiro ano será festivo local no Grove