Mecos pelexa hoxe por unha praza para o play-off á ACT, Amegrove, por sobrevivir

Nas augas a mar aberto da Coruña, os dous equipos do Grove, o C.R. Mecos-Isabel e o Amegrove, figuran entre os sete que se xogan os grandes premios


vilagarcía / la voz

A Liga Galega de Traíñas pon hoxe punto final na primeira das dúas xornadas do Teresa Herrera. Nas augas a mar aberto da Coruña, os dous equipos do Grove, o C.R. Mecos-Isabel e o Amegrove, figuran entre os sete que se xogan os grandes premios ao final de cada tempada. O título e as dúas prazas para o play-off de ascenso á ACT, e a promoción que dilucida dous postos na vindeira edición da Liga LGT-A entre os dous peores equipos da presente tempada -por ter quedado baleira a última praza- e o segundo e terceiro máis destacados da LGT-B.

Con Ares virtualmente campión ao chegar á derradeira regata puntuable con 107 puntos, o C.R. Mecos-Isabel, con 100, pelexa polo segundo posto coa S.D. Tirán Pereira, con 102. Superar a bancada de Moaña na clasificación esíxelles aos de Fran González non só quedar por diante na Coruña, tamén ver como outros dous barcos se meten por medio. O adestrador de Mecos lembra que «nas últimas regatas entre Tirán e nós houbo 3-4 segundos de diferenza, unha veces ao noso favor, outras ó deles». O feito de ser a única regata en mar aberto da tempada, e en formato contrarreloxio, deixa todo no aire.

Amegrove debe facer unha das dúas mellores sumas de tempo entre a crono do sábado e do domingo na promoción da LGT. O seu adestrador, Iván Fandiño, sinala como favoritos os dous barcos da LGT-B, Esteirana (2º.) e Coruxo. Con todo, confía en que a súa aposta por comezar pronto, na segunda quincena de xullo, a dirixir a preparación física dos seus de cara a estar na mellor forma para a promoción sirva para salvar a categoría.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Mecos pelexa hoxe por unha praza para o play-off á ACT, Amegrove, por sobrevivir