Portela, Monteagudo e Morison abren o Mundial

Case un de cada tres padexeiros españois no Campionato do Mundo Absoluto de Esprint que hoxe comeza en Szeged, Hungría, é galego


vilagarcía / la voz

Case un de cada tres padexeiros españois no Campionato do Mundo Absoluto de Esprint que hoxe comeza en Szeged, Hungría, é galego. E un terzo destes últimos son veciños da banda sur da ría de Arousa. Tres deles, Teresa Portela, a canguesa afincada no Grove, a pontecesureña Camila Aldana Morison e o meisino do Naval de Pontevedra Iago Monteagudo entran en acción na xornada inaugural. Portela, buscando o pase ás semifinais do venres, chave da regata sabatina polas medallas e polas cinco primeiras prazas olímpicas do K1 200. Morison, no K2 1.000, e Monteagudo, no K4 1.000, ambos os dous barcos non olímpicos, pelexarán por entrar nas súas finais sen ter que pasar polas semifinais desta tarde.

O K4 500 da meca Natalia García entrará en acción na tarde de mañá, coa mira nos dez primeiros postos, mentres o seu paisano Tono Campos paleará o domingo a final directa do C1 5.000.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Portela, Monteagudo e Morison abren o Mundial