Sés e Os Resentidos encabezan o cartel do Festival de Xironsa

P.P.

30 e 31 de agosto • Corvillón (Cambados) • Chega a Cambados unha das grandes citas musicais do verán. O festival Xironsa, que xa vai polo seu decimonoveno ano de vida, abrirá as súas portas cunha das grandes actuacións do evento. A artista Sés encabezará a lista dos concertos que terán lugar na noite do venres, e onde tamén soará a música de Xabier Díaz & Adufeiras da Salitre, Leirabuxo e Sra. DJ. Outro dos nomes propios desta edición son Os Resentidos, que se subirán ao escenario na noite do sábado 31, onde tamén terán lugar as actuacións de Xosé Lois Romero & Aliboria, Treboada Rock e, como non, Xironsa. Os participantes poderán recargar as pilas no tradicional Xantar Xironsa, que será o sábado na Praza da Seca e para o que xa se poden retirar as entradas en varios establecementos locais. A xornada contará tamén con concertos en horario de tarde e actividades para os máis pequenos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sés e Os Resentidos encabezan o cartel do Festival de Xironsa