Paula Suárez, decimosexta no Europeo pelexando o podio


vilagarcía / la voz

A xogadora do C.X. Fontecarmoa Paula Suárez vén de completar o que foi o seu terceiro Campionato de Europa por Idades consecutivo. A vixente subcampioa de España de xadrez rápido participou desta volta na categoría Sub-12, asinando un sobresaínte torneo no que mesmo chegou a pelexar por un posto no podio final. Ao remate, os seus 6 puntos, de 9 posibles, outorgáronlle a decimosexta praza na clasificación definitiva. Un gran salto respecto ao número 40 co que arrincara a cita de Bratislava (Eslovaquia) atendendo á orde de forza das inscritas.

Suárez debutou o día 2 superando a eslovaca Magdalena Mrmusova. Tras perder coa rusa Olga Dm Karmenon e coa letona Jekaterina Smimova, na cuarta rolda a arousá iniciou a súa escalada, vencendo consecutivamente a croata Petra Karin, a rusa Nomina Darmaeva, e as norueguesas Elma Selvik e Amelia Nordquelle. A WCM rusa Alexia Vlasova -bronce- cortoulle o paso ao podio, con vitoria final de Suárez ante a irlandesa Lara Putar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Paula Suárez, decimosexta no Europeo pelexando o podio