Bandeira Virxe do Carme por duplicado

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

Cedida

A proba, organizada polo C.R. Mecos, desenvolveráse o domingo no porto do Grove

09 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club de Remo Mecos presentou na mañá de onte na casa consistorial do Grove a terceira edición da Bandeira Virxe do Carme Feminina, e a oitava masculina. Ambas, puntuables este domingo para as correspondentes clasificacións da Liga Galega de Traíñas. As mulleres serán as primeiras en competir no porto do Grove, a partir das 13.30 horas en dúas quendas lanzadas con dous minutos de diferenza. Ás 14 horas comezarán os homes, coas dúas primeiras quendas lanzadas tamén, e a de honra tras rematar a segunda.