Os concertos de Paco & Lola pecharán o Atlantic Fest

elisa pérez / m. a.

AROUSA

A Illa despide hoxe unha nova edición da súa principal cita coa música en directo

28 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A intensa xornada musical de onte no Atlantic Fest deixou aos asistentes satisfeitos co ambiente festivaleiro que se respiraba na praia do Bao. Ao recinto do evento acudiron, entre a noite e a madrugada, os máximos expoñentes do indie no panorama nacional. Dorian, Los Planetas e Love of Lesbian non deixaron indiferente a ninguén e lograron seducir a todos os seguidores da música en directo alí presentes.

O día de hoxe será máis tranquilo, con dúas actuacións no escenario que Paco & Lola instala na praza de abastos da localidade. Esta sesión matinal estará amenizada, ás 13 horas, polos temas de Víctor Coyote, fundador do mítico grupo dos 80 Los Coyotes. Los Jinetes del Trópico estarán no mesmo lugar ás 14.15 horas.

Hoxe • Entrada gratuíta • 13 e 14 horas • Espazo de sesión matinal da adega instalado na céntrica Praza de Abastos