A Illa agarda por Love of Lesbian

s. g.

Os fieis amantes do indie xa levaban tempo contando os días para poder desfrutar dunha nova edición do Atlantic Fest. Como cada mes de xullo, A Illa acolle un festival que sabe mesturar á perfección a música en directo, a cultura gastronómica e a paisaxe mariñeira.

As portas dunha das grandes festas da música alternativa abriron onte ás 19 horas, e unha hora despois, un dos escenarios, o de Mahou, xa estaba en funcionamento coa actuación do madrileño Confeti de Odio. O trío feminino Cariño actuou ás 23 horas no escenario Alma Atlántica, e, sobre a unha da madrugada, o público agardaba impaciente pola coñecida artista de trap La Zowi, que encheu o escenario de Jägermusic.

Coa resaca do primeiro día, os festivaleiros comezan hoxe a recargar as pilas para gozar das múltiples actividades que ofrece o Atlantic Fest, aptas para toda a familia. A comida dos foodtrucks, os talleres para nenos e a sesión vermú son idóneos para prepararse para o maratón musical que se aveciña. La Bien Querida estará ás 17 horas no escenario Fest Galicia, que tamén contará coa presenza do grupo Dorián, ás 21.15 horas. Ás 23.55 horas actuarán Los Planetas, e logo tocarán Love of Lesbian, ás dúas da mañá.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Illa agarda por Love of Lesbian