O Arousa levará un 25 % dunha hipotética futura venda de Torrado polo Coruxo

O traspaso do canteirán fíxose onte oficial


vilagarcía / la voz

O Arousa fixo onte oficial o traspaso do seu canteirán Carlos Torrado ao Coruxo. Unha operación que se daba por feita desde había semanas, pero que só se pechou tras conseguir a entidade arlequinada a cesión dun 25 % dunha hipotética venda futura do futbolista por parte do seu novo club.

Sendo este un ingreso virtual, que ben podería non chegarse a producir, o que si percibirá seguro o Arousa son os 3.000 euros que, por normativa, lle corresponden polos dereitos de formación dun futbolista que procede a asinar o seu primeiro contrato profesional no equipo vigués de Segunda División B.

Arrinca o Ribadumia

Noutra orde de cousas, o C.D. Ribadumia comezou a última hora da tarde de onte a pretempada dun curso no que aspira a retornar á Terceira pola vía rápida. Faino con 17 fichas cubertas, e con Luis Carro pendente da contratación dun lateral esquerdo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Arousa levará un 25 % dunha hipotética futura venda de Torrado polo Coruxo