«Os usuarios seguen medrando; hoxe en día mil euros parecen unha fortuna»


vilagarcía / la voz

Dende a presidencia de Cáritas Arousa, Paco Fernández constata que a suposta superación da crise económica está lonxe de ser unha realidade.

-O comedor consume a metade dos recursos de Cáritas.

-Si, en efecto. Con todo, hai outras constantes que se manteñen. Por exemplo, a necesidade de medicamentos que non cobre a Seguridade Social. Falamos de enfermos crónicos e de cousas tan sinxelas aparentemente coma un xarope. Que non todo o mundo poida pagar os medicamentos que precisa non é xusto.

-A radiografía que fai o balance é exhaustiva. Pero que me di da comparación con anos anteriores?

-O número de usuarios medra, iso témolo claro. E non se trata unicamente de xente que se ve na rúa ou perdeu todo. Cada vez hai máis familias nas que un membro traballa, pero non son quen de chegar a fin de mes.

-O fenómeno do traballador empobrecido.

-Iso é. A capacidade dos salarios baixou moitísimo, non se asinan contratos fixos e hoxe en día mil euros parecen unha fortuna.

-Algún fenómeno positivo haberá entre tanto dato negativo.

-Por suposto. O labor impresionante dos voluntarios e os traballadores fai que consigamos ver xente que se reincorpora á sociedade. Pero só porque existe esta pequena axuda que precisan. Sen ela sería imposible.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Os usuarios seguen medrando; hoxe en día mil euros parecen unha fortuna»