Somos acusa a Caamaño e Abal de desinterese na xestión da festa e o BNG replica: «Bocazas»


No acto de presentación da Festa do Albariño, o líder de Somos Cambados, Tino Cordal, fixo referencia á falta de implicación e organización da Festa do Albariño dos anteriores edís do goberno local, o número un de Cambados Pode, José Ramón Abal, e o cabeza de lista do BNG de Cambados, Víctor Caamaño. «Había dous concelleiros liberados a tempo completo que tiñan responsabilidades no anterior goberno, e tiveron todo o ano para preparar o Albariño, e un deles, José Ramón Abal, non fixo nada no relativo as súas áreas, e tendo en conta que os dous cobraban coma se foran alcaldes, o único que fixo Víctor Caamaño foi presentar tres concertos». Cordal insistiu na falta de responsabilidade dos dous exconcelleiros no tocante á xestión da festa, tendo en conta que se dispoñía de pouco tempo para organizar a celebración.

O BNG de Cambados, pola súa parte, emitiu onte un comunicado no que respondía ao número un de Somos acusándoo de «bocazas e prepotente», e reaccionando á indiferenza da alcaldesa, Fátima Abal. Dende a agrupación nacionalista desmenten as afirmacións de Cordal e aseguran que as únicas actuacións pendentes de concretar eran as do sábado, e que o anterior concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, se encargou da organización do resto de concertos da semana. O BNG considera que a presentación do Albariño debería ser unha «oportunidade para poñer en valor un dos grandes logros do anterior mandato municipal».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Somos acusa a Caamaño e Abal de desinterese na xestión da festa e o BNG replica: «Bocazas»